Exame de preguntas obxectivas |
EXAME FINAL TEÓRICO: Realización de unha ou varias PROBAS TEÓRICAS usando calquera dos formatos existentes, solos ou en combinación con outros que demostren o coñecemento teórico da materia. Suporá o 30% da nota pero para poder facer media coa de avaliación continua, é necesario que o alumnado aprobe o exame final (combinando a parte teórica e a práctica) cun 5 sobre 10. No caso de que non se saque un 5, a nota será a do exame. |
30 |
A1 A2 A3 A5
|
B5 B6
|
C5 C9
|
D2 D5 D6
|
A nota acadada na avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación global. A cualificación obtida nos dous exames finais terán un peso específico do 30% cada un na nota global. Para poder presentarse ao exame final e respectar a nota de avaliación continua será imprescindible que: (1) o estudante teña realizado todas as probas de avaliación continua; e (2) acadar a superación das probas nas que consta a avaliación continua. Se non se cumpren ambos os requisitos, o alumno deberá realizar a proba final na modalidade que se indica ao final deste apartado. Para que a nota da avaliación continua se sume á do exame final, será necesario que o alumno acade a superación deste último. O alumnado que non supere a avaliación continua poderá presentarse ao exame final pero deberá superar unha parte específica na que se avaliarán as competencias traballadas na avaliación continua que non superaron. |