Guia docente 2024_25
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política: Políticas públicas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Ciencia política: Políticas públicas Código P07G092V01109
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Mahou Lago, Xosé María
Correo-e xmahou@uvigo.es
Profesorado
Mahou Lago, Xosé María
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é achegarlle ao alumnado os conceptos básicos e a metodoloxía de
elaboración, execución e avaliación das políticas públicas coa intención de que, por unha banda, afonde na lóxica do proceso político-administrativo no seu conxunto e, por outra, se familiarice coas ferramentas que a ciencia política pon á disposición dos profesionais para aumentar a eficacia do proceso de elaboración e realización de programas públicos. En definitiva, ao final do curso, o alumnado poderá:
– Definir e documentar ordenadamente as diferentes definicións que nun momento dado se poidan
establecer sobre un problema público.
– Identificar o público obxectivo dun programa e o público interesado dunha iniciativa pública.
– Recoñecer e valorar as solucións alternativas a un problema.
– Valorar os produtos e resultados dunha actuación pública.
– Coñecer os diferentes tipos de avaliación e a súa aplicación a cada fase do proceso de políticas públicas.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000