Resolución de problemas de forma autónoma |
Participación na aula. Ideonidade da intervención (claridade na exposición, argumentación, comunicación oral) |
35 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B5
|
C4 C5 C15
|
D1 D2
|
Exame de preguntas obxectivas |
Preguntas tipo test de elección múltiples e preguntas curtas sobre contidos teóricos e de aplicación do coñecemento. |
40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B5
|
C15
|
D5
|
EVALUACIÓN CONTINUA E EVALUACIÓN GLOBAL A priori enténdese que todo o estudantado segue a avaliación continua, cuxo compromiso adquírese coa participación nas actividades de avaliación. Aquela persoa que desexe presentarse a unha única proba na data oficial (avaliación GLOBAL) debe comunicalo segundo indica a normativa durante o primeiro mes desde que comeza o curso. A avaliación GLOBAL constará dunha proba final xeral coa que é posible medir todas as competencias, por iso a proba será diferente á do estudantado de avaliación continua. A cualificación final do estudantado de avaliación continua será a media das cualificacións acadadas nas actividades realizadas nos Grupos Reducidos (60% da nota final) e no exame final. Para calcular a nota media é obrigatorio alcanzar unha puntuación mínima de 4 puntos nas actividades dos Grupos Reducidos e no exame. Se nalgunha destas partes non se chega aos 4 puntos, a nota que constará na avaliación será suspensión coa nota numérica que corresponda unha vez obtida a media entre ambas partes, agás no caso de ser superior a 5, no que se outorgará unha puntuación de 4,9. A persoa que non se presente ao exame constará como Non Presentado, aínda que entregara actividades de avaliación continua. Respecto ás actividades realizadas nos Grupos Reducidos, a ponderación repártese de: - Dossier (10%): portafolio individual con evidencias das probas desenvolvidas e reflexión sobre o desenvolvemento de cada actividade en termos de competencias desenvolvidas e coñecementos adquiridos, e proposta de mellora para que a actividade contribuíse de forma máis axeitada ao proceso de aprendizaxe.
- Estudo de caso (35%): conxunto de actividades desenvolvidas nos grupos reducidos con intercambio de ideas, exposición e debate na aula.
- Traballo tutelado (15%): consiste na elaboración dun informe no que será posible avaliar unha parte de análise individual (7,5% da nota) e outra parte do traballo conxunto realizado en grupo (7,5%).
A asistencia ás clases, así como a actitude, boa disposición e participación nas mesmas terase en conta positivamente para o rendemento e matrícula de honra. APRENDIZAXE BASEADO EN PROXECTOS De forma voluntaria, o estudantado pode substituír a metodoloxía/proba "traballo tutelado" por "aprendizaxe baseado en proxectos"que será exposto na aula. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA Durante o mesmo curso académico, manteranse as notas das probas superadas na primeira convocatoria (ordinaria) para a segunda convocatoria (extraordinaria). Poderanse entregar probas non realizadas ou suspensas, hagás aquelas que se realizaron na aula e nonexa posible recuperar a puntuación relativa á participación e asistencia. |