A Unión Europea condiciona eidos importantes das nosas vidas como cidadáns, así como a actuación e funcionamento das institucións político-administrativas (parlamentos, gobernos, administracións públicas....) e de actores políticos (partidos políticos, sindicatos...).
Tendo en conta esta realidade, o estudante do Grao en Dirección e Xestión Pública debe dispor dun conxunto de conceptos e nocións básicas que lle permitan comprender o proceso de integración europea e o funcionamento das institucións da Unión Europea e as políticas comúns.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.