Resolución de problemas |
Análise, reflexión e exposición de cuestións que teñan que ver coas principais problemáticas suscitadas nas clases teóricas realizadas a través da lección maxistral. O alumnado terá á súa disposición a asistencia en clase da docente para facilitar o desempeño desta actividade. Algunhas destas prácticas poderanse realizar a través do sistema de "elaboración de traballos a través do sistema de Aprendizaxe Basada en Proxectos" (ABP) encomendados polo profesorado sobre temas relacionados coa materia e orientados a mellorar a comprensión dos contidos e competencias relacionadas coa cooperación, liderado, comunicación e fortalecemento das relacións persoais. |
Estudo de casos |
Estudo, análise, reflexión e exposición de casos e traballo tutelado sobre as cuestións tratadas na materia. O profesorado asistirá ao alumnado naquelas cuestións e dúbidas formuladas (en clase e a través de titoría personalizada) para a súa elaboración. A realización e avaliación desta proba pódese realizar a través da metodoloxía de ApS (de acordo cos liñamentos aprobados pola Área de Responsabilidade Social e cooperación) e/ou a través de ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos -proxecto de innovación docente da Facultade-). Toda a información sobre esta forma de supera-los estudios de casos estará dispoñible con claridade para o alumnado. A elección entre realiza-los estudios de casos a través de traballos, ou realizalos polas metodoloxías de (ApS e/ou Proxecto de Innovación ABP) será voluntaria por parte do alumnado, os que serán debidamente informados desde o inicio da docencia da disciplina sobre ámbalas modalidades, a súa realización e avaliación. A docente tamén publicará esta información detallada no espazo reservado para a disciplina en Moovi. |