Guia docente 2024_25
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Deseño e estudos culturais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Deseño e estudos culturais Código P06G450V01201
Titulación
Grao en Deseño
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Debuxo
Coordinador/a
Dopico Aneiros, María Dolores
Correo-e lolado@uvigo.es
Profesorado
Dopico Aneiros, María Dolores
Web
Descrición xeral A materia ten como obxectivo desenvolver un marco de referencia definido polos Estudos Culturais. Pretendemos reflexionar sobre os procesos de produción, circulación e consumo do deseño, así como as súas transformacións históricas e a súa inserción na actualidade.
Preténdese iniciar no estudantado unha reflexión conceptual sobre a praxe do deseño, que permita coñecer, explicar e interpretar o campo, as súas prácticas e os propios obxectos de deseño.
Con este fin farase uso de diferentes tradicións disciplinarias como a antropoloxía, socioloxía, historia social, historia das ideas e dos obxectos, e a semiótica. Esta perspectiva permitirá ao alumnado desenvolver unha lectura crítica do deseño como práctica e disciplina.
A través de actividades de lectura, discusión e análise de estudos de caso ofreceranse claves de interpretación para comprender a figura do deseñador tanto no seu percorrido histórico como na súa relación co contexto cultural e social. Os temas que se abordarán inclúen os ámbitos do deseño e a moda entendidos como práctica cultural.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000