Guia docente 2024_25
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Expresión artística: Fundamentos da cor
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios popostos para resolver en periodos curtos de tempo 40 A1
A5
C3
C14
Proxecto Creación dun proxecto final 40 A1
A5
C3
C14
Presentación Realización dunha presentación final do proxecto realizado durante o curso ante o profesorado e resto do alunado. 20 A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria

A avaliación realizarase de forma continua ao longo do cuadrimestre.

A asistencia ás clases será obrigatoria no modelo de avaliación continua, así como a entrega de todos e cada un dos traballos propostos. O profesorado realizará o seguimento da asistencia ás clases e a participación activa nas mesmas.

A avaliación continua realizarase en base ás metodoloxías/probas indicadas e ao seu porcentaxe de cualificación:

Plantexarase a resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma a través do traballo autónomo do/a estudante, e a súa cualificación suporá un 40% da nota final.

Plantexarase un proxecto final que implique a demostración da adquisición de todos os coñecementos da materia de forma progresiva e que suporá un 40% da nota final.

Tamén se realizará unha exposición por parte do/a estudante ante o/a docente e o resto do grupo de estudantes dos resultados do proxecto, o que suporá o restante 20% da nota final da materia.

Avaliación global

Para aqueles alumnos/as aos que se lles conceda a opción de avaliación global, a proba de avaliación consistirá na entrega de todos os problemas e/ou exercicios do cuadrimestre, así como na entrega do proxecto final e a realización dunha presentación o día da proba.

Convocatoria extraordinaria de xullo

No caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria, o/a estudante deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo, que consistirá na elaboración previa de todos os problemas e/ou exercicios do cuadrimestre, así como na entrega do proxecto final e a súa presentación.

Pódense consultar as datas de avaliación na páxina web da titulación: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000