Guia docente 2024_25
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Laboratorio de materiais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A sesión maxistral será o comezo de cada un dos exercicios, centrada en expor os conceptos e ferramentas de manexo de técnicas e materiais que posteriormente o alumnado desenvolverá nesa sesión a modo de prácticas no obradoiro.
Estudo de casos Unha vez finalizada a sesión maxistral, espérase que os estudantes realicen unha análise exhaustiva dos recursos presentados e experimenten coas diferentes técnicas, soportes, materias e materiais. O obxectivo principal é asimilar os conceptos abordados durante a clase e descubrir novas posibilidades creativas a través da aplicación dos recursos no obradoiro.
Resolución de problemas de forma autónoma Execución técnica adecuada de procedementos e experimentacións de carácter artístico, plástico e de deseño. O alumnado deberá demostrar a asimilación de contidos da materia e a súa aplicación persoal de maneira creativa e tecnicamente correcta. Valorarase o proceso de investigación con técnicas e materiais, o nivel de acabado e o risco na experimentación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000