Educational guide 2026_27
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Trabajo de Fin de Grado
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Trabajo de Fin de Grado Código P06G450V01-52874-S
Titulación
Grao en Deseño
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
12 OB 4 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Debuxo
Coordinador/a
Corbato Pérez, Román
Correo-e rcorbato@uvigo.gal
Profesorado
Corbato Pérez, Román
Web
Descrición xeral O Traballo Fin de Grao (TFG) é unha materia de carácter teórico-práctico que consiste na realización dun traballo autónomo por parte do alumnado, tutorizado polo profesorado. Desenvólvese no ámbito do deseño, nas especialidades de Deseño Gráfico/Dixital ou Deseño de Moda, e implica a elaboración dun proxecto, a redacción dunha memoria académica e a defensa pública do traballo realizado.
Os obxectivos principais desta materia son: aplicar os coñecementos adquiridos ao longo da titulación para desenvolver un proxecto de deseño; desenvolver metodoloxías de investigación propias da disciplina; e fomentar a capacidade para argumentar e presentar resultados e conclusións de forma rigorosa e estruturada.
A través desta materia, o estudantado deberá demostrar a adquisición e integración dos coñecementos, habilidades e competencias correspondentes ao Grao en Deseño, evidenciando a súa capacidade para abordar e resolver de maneira autónoma un proxecto de deseño dentro da súa área de especialización.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000