Educational guide 2026_27
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Técnicas auxiliares para complementos de moda
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Técnicas auxiliares para complementos de moda Código P06G450V01-52867-S
Titulación
Grao en Deseño
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Debuxo
Coordinador/a
Dopico Rodríguez, Patricia
Correo-e pdopico@uvigo.es
Profesorado
Dopico Rodríguez, Patricia
Web
Descrición xeral Esta materia está orientada á concepción, desenvolvemento e prototipado de obxectos e complementos tridimensionais vinculados ao ámbito da moda. A partir da experimentación con materiais, técnicas construtivas e procesos de formalización volumétrica, o alumnado traballará na creación de pezas que poidan integrarse ou convivir cunha colección de moda.

A materia introduce procedementos básicos de prototipado, construción e desenvolvemento de modelos, atendendo tanto ás calidades formais, técnicas e estéticas dos materiais como á adecuación dos procesos empregados. Prestarase atención ás posibilidades abertas polas tecnoloxías de modelado e impresión 3D, microfusión, moldes e outros recursos auxiliares de produción, sen limitar a materia a unha única solución técnica.

O obxectivo é que o alumnado poida identificar problemas de deseño vinculados aos complementos de moda, seleccionar materiais e procedementos adecuados, desenvolver propostas coherentes e valorar a relación entre concepto, volume, materialidade, viabilidade técnica e contexto de colección.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000