Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os/ as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os/ as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os/ as estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os/ as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo |
B3 |
Transmitir información dun modo claro aos usuarios do sistema sanitario, así como con outros profesionais. |
B4 |
Transmitir información dun modo claro aos usuarios do sistema sanitario, así como con outros profesionais. |
B5 |
Ser capaz de presentar e defender, ante un tribunal universitario, un proxecto de fin de máster, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas. |
B6 |
Desenvolver habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
C1 |
Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional na práctica do exercicio terapéutico. |
C2 |
Aplicar as bases éticas e xurídicas da profesión no ámbito da investigación. |
C7 |
Avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa para deseñar un proxecto de investigación baseado no exercicio terapéutico. |
C8 |
Saber utilizar métodos e modelos de análise estatística, interpretar e comunicar os resultados da investigación clínica a públicos especializados a través de diferentes medios (presencial, en liña ou redes sociais). |
C12 |
Aplicar un protocolo de medición da capacidade funcional dos pacientes en función das súas características, así como da patoloxía nos diferentes ámbitos de especialización. |
D1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
D2 |
Capacidade para comunicarse de forma oral e por escrito en lingua galega. |
D3 |
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |
D4 |
Coñecementos de estatística aplicada ás Ciencias da Saúde, ou ao ámbito de estudo relativos ao ámbito de estudo. |
D5 |
Recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade. |
D6 |
Creatividade, espírito emprendedor e adaptación a novas situacións. |
D7 |
Desenvolver a capacidade de liderado e organización. |
D8 |
Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora. |