O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua informando ao coordinador da materia no prazo establecido. Tanto neste caso como no caso de que o estudantado sexa avaliado na convocatoria de segunda oportunidade, a avaliación consistirá: - un 50% a resolución de problemas e/ou exercicios tal e como se detalla na avaliación continua. - un 50% un exame de preguntas obxectivas. Para aprobar a materia o alumnado debe ter superados de forma independente tódolos apartados da avaliación e haber asistido ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas suporá a renuncia á avaliación continua. O estudantado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle dita parte para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico. En calquera das
convocatorias, se o alumnado obtén unha cualificación numérica superior a 5,
pero non cumpre cos requisitos establecidos para aprobar a materia, obterá unha
cualificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter cualificacións inferiores, poráselle a cualificación obtida.
|