Guia docente 2024_25
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Exercicio terapéutico en persoas maiores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo O alumnado en grupos de 4-5 alumnos/as deberá elixir unha patoloxía prevalente entre as persoas maiores e realizar unha procura de polo menos 3 estudos clínicos que empreguen algunha modalidade de exercicio terapéutico en devandita patoloxía. Entregará un arquivo en PPT con audio asociado no que se presente os resultados de forma gráfica dos estudos seleccionados e as súas características principais ademais de presentar unhas conclusións resumidas da análise realizada. 40 A2
A3
B1
B2
B3
C11
C14
D1
D5
D6
D8
Estudo de casos En grupos de 2-3 alumnos/as e seguindo un exemplo de caso clínico desenvolvido nas sesións presenciais, o alumnado debe presentar unha proposta diferente de estratexia de avaliación da capacidade funcional ou ben unha proposta diferenciada de protocolo de exercicio terapéutico destinado a diminuír ou frear as limitacións funcionais presentadas polo paciente. As orientacións máis detalladas do desenvolvemento do caso e forma de entrega publicarase na plataforma de docencia Moovi no espazo específico da materia. 30 A2
A3
B1
B2
B3
C11
C12
C14
D1
D5
D6
D8
Observación sistemática A asistencia ás clases é obrigatoria e comprobarase ao principio, durante e ao final de cada sesión. A cualificación referente a este elemento de avaliación será proporcional á asistencia de cada alumno/a, non podendo aprobar este elemento de avaliación si o/a alumno/a falta máis do 50% das sesións presenciais. 30 A2
A3
B2
C11
C12
C14
D1
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O/o alumno/a debe entregar e superar cada unha das partes da avaliación. En caso de suspender o traballo ou o estudo de casos, o que supón non superar a materia na convocatoria ordinaria, se lle gardará a nota da parte superada e se realizará un traballo alternativo para a convocatoria de segunda oportunidade.

O alumnado podrá solicitar a renuncia á avaliaciónn continua informando ao coordinador/a de a materia no prazo establecido. De ser así, o estudante se acollerá á avaliación global.

Avaliación Global:

O estudante deberá realizar un exame teórico de preguntas de desenvolvemento sobre o temario da materia (cunha porcentaxe do 100% da avaliación total).

Avaliación de 2ª oportunidade:

Na convocatoria de segunda oportunidade, a avaliación levarase a cabo na mesma modalidade presentada para a avaliación global para aqueles/as alumnos/as que elixan a avaliación global e se asignará un traballo alternativo aos/ás alumnos/as (como explicado anteriormente) que elixan avaliación continua en caso de non haberse superado algunha das partes desta. 

En calquera das
convocatorias si o alumnado obtén unha cualificación numérica superior a 5,
pero non cumpre os requisitos establecidos para aprobar a materia tendrá unha
cualificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter cualificacións inferiores se pondrá a nota obtida.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000