A Guía Docente do Traballo de Fin de Grao (TFG) cumpliméntase coas normativas específicas da Facultade de Fisioterapia e da Universidade de Vigo, así como cos criterios específicos publicados polo/a coordinador/a de TFG. Tal e como se indica na Memoria de Verificación, para poder realizar a presentación e defensa do TFG o/a alumno/a deberá ter superados todos os créditos da formación curricular, ainda que non estean xeradas as actas.
O tempo de presentación do TFG será entre 6 e 12 minutos. O estudantado debe ter en conta os criterios cuxo incumprimento supoñen motivo de suspenso, así como as normativas pubicadas na plataforma de teledocencia. Para que a/o alumna/o
obteña o informe favorable do/a titor/a é
preciso que faga un correcto seguimento do TFG, realice as tarefas e
correccións suxeridas polo/a titor/a, asista ás titorías, realice tódalas
entregas solicitadas polo/a titor/a e non deixe ningún correo electrónico sen
resposta. En caso de non cumprir os requisitos previos o/a titor/a poderá emitir un informe desfavorable. Co fin de acadar unha carga de traballo semellante nos Traballos de Fin de Grao (TFG) que debe facer o alumnado, ao ser titorizadas/os por diversos/as profesores/as e que haberá varios tribunais xulgadores, é conveniente establecer unhas pautas para a elaboración de dito traballo e para a valoración dos mesmos. O TFG será unha Revisión bibliográfica sobre calquera tema do ámbito de ciencias da saúde. Debe constar de: • Portada • Índice (opcional) • Resume • Palabras clave • Listado de abreviaturas (opcional) • Introdución/obxectivo • Material e Método • Resultados • Discusión • Conclusións • Referencias bibliográficas • Anexos (opcional) • Contraportada Poderán agruparse os apartados en Resultados/Discusión ou ben en Discusión/Conclusións. Extensión mínima de 15 e máxima de 20 páxinas de texto sen incluír o título, resume, bibliografía e anexos e seguindo as normas de deseño.
|