Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
A5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B4 |
Adquirir formación científica básica en investigación. |
B5 |
Ser capaz de presentar e defender ante un tribunal universitario un traballo de fin de grado, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas. |
C28 |
Coñecer e aplicar os mecanismos de calidade na práctica de fisioterapia, axustándose aos criterios, indicadores e estándares de calidade recoñecidos e validados para o adecuado exercicio profesional. |
C32 |
Incorporar a investigación científica e a práctica basada na evidencia como cultura profesional. |
C35 |
Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia. |
D1 |
Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega. |
D2 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo |