Lección maxistral |
O profesorado explica os fundamentos teóricos e os exercicios de aplicación nas clases expositivas. |
Prácticas con apoio das TIC |
O alumnado resolve exercicios prácticos nestas clases interactivas sobre a búsqueda de información científica, a calidade metodolóxica dos estudos, a elaboración do marco teórico, etc., coa axuda do profesorado. |
Prácticas de laboratorio |
O alumnado afronta nestas clases interactivas a resolución de problemas prácticos de obtención de datos e análise da información con metodoloxía cuantitativa, utilizando programas informáticos (Formularios de Google e RCommander) e coa axuda do profesorado. |