A ergonomía é o conxunto de coñecementos de carácter multidisciplinar aplicados para a adecuación dos produtos, sistemas e contornas artificiais ás necesidades, limitacións e características dos seus usuarios, optimizando a eficacia, seguridade e benestar. No ámbito laboral encárgase do deseño de lugares de traballo, ferramentas e tarefas, de modo que coincidan coas características fisiolóxicas, anatómicas, psicolóxicas e as capacidades dos traballadores que se verán involucrados. A fisioterapia laboral aborda a atención á saúde na patoloxía laboral e aspectos preventivos.