Para superar a materia, o/a alumno/a deberá ter superado cada parte por separado (exame de cuestións de desenvolvemento, resolución de problemas e traballo). Para o alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, a parte superada quedará gardada para a convocatoria de 2ª oportunidade dentro do mesmo curso académico.
Avaliación continua. É a avaliación establecida por defecto e descríbese no apartado de avaliación da materia coas súas respectivas porcentaxes.
Avaliación global: O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua comunicándoo ao/á coordinador/a da materia no prazo establecido. Neste caso, será avaliado polo procedemento de avaliación global. A avaliación global da materia inclúe un exame de preguntas a desenvolver sobre o temario teórico da materia cunha porcentaxe do 100%.
Avaliación 2ª oportunidade: A avaliación de segunda oportunidade inclúe os mesmos apartados que a avaliación continua ou global (segundo a modalidade que curse o alumno, coa diferenza de que o traballo, se non foi aprobado o grupo (se se realiza na devandita modalidade), realizarase en modalidade individual seguindo as pautas estabelecidas polo/a coordinador/a da materia.
Outros comentarios: Pode darse o caso de que un/ha alumno/a obteña na avaliación continua unha cualificación de 5 sobre 10 ou superior, tendo en conta as porcentaxes das probas de avaliación. Non obstante, se o/a alumno/a non supera algunha das partes da avaliación, a cualificación da avaliación será suspensa. Neste caso a nota que incluirase en Sigma será 4,5.
O alumnado que non queira seguir a avaliación continua deberá comunicalo por escrito seguindo o procedemento establecido pola Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua deberá realizarse antes da 5a semana de docencia, o que supón que se asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez renunciado á avaliación continua, non terá dereito a ela nin ás consideracións establecidas nela.
|