Esta materia está enfocada ó aprendizaxe dos coñecementos teórico-prácticos que debe de ter un fisioterapeuta que participe na rehabilitación de persoas que padecen as consecuencias dunha disfunción do sistema neuromusculoesquelético.
Abordaranse os beneficios da práctica adecuada de fisioterapia naqueles pacientes con disfuncións neuromusculoesqueléticas, xa que para que ésta sea beneficiosa, debe estar axustada ás capacidades da persoa, respetando as súas limitacións e favorecendo a súa funcionalidade.
Para iso, os estudantes adquirirán a formación e o coñecemento que lles permita valorar o estado do paciente e lles permita propor as modalidades de fisioterapia axustadas ó seu nivel funcional, tendo en conta aquelas prácticas que poidan ser contraproducentes.