Avaliación continua O alumnado terá por defecto avaliación contínua formada por 3 calificacións: unha teórica coa nota do exame de preguntas de desenvolvemento, unha práctica coa media aritmética do cartafol e a observación sistemática e unha do traballo. Para superar a materia o alumnado debe ter superadas todas as partes de forma independente e asistir ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas supón a perda da avaliación continua. O alumnado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico. Avaliación xeral (cando renuncie a avaliación continua) O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua informando á coordinadora da materia no prazo establecido. De ser así, a avaliación será: 50% exame teórico de preguntas de desenvolvemento e 50% exame práctico, onde deberá desenvolver as técnicas de cada unha das sesións prácticas. O alumnado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico. 2ª oportunidade O alumnado poderá examinarse do 100% da materia nesta oportunidade, a través de 50% o exame teórcio de preguntas de desenvolvemento e o 50% o exame práctico. Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente ambas as probas de avaliación En calquera das convocatorias se o alumnado obtén unha cualificación numérica superior a 5, pero non cumpre os requisitos establecidos para aprobar a materia terá unha cualificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter cualificacións inferiores poñerase a nota obtida |