Esta materia é unha materia optativa de terceiro curso do Título de Grao de Fisioterapia (impártese no 1º cuadrimestre). Nela estúdase o uso terapéutico en Fisioterapia do método Pilates.
Debido aos seus contidos, é importante ter coñecementos previos sobre anatomía do aparato
musculoesquelético, biomecánica aplicada e patoloxía medicocirúrxica.
Por outra banda, o seu encadre dentro da Titulación serve ao mesmo tempo para incrementar no alumnado o arsenal terapéutico do que pode dispor para tratar aos pacientes, actividade que vai levar a cabo na materia "Estadías Clínicas", en cuarto curso.
Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.