Ao alumnado que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico (parte superada significa ter un 5 de 10 ou máis en cada unha das partes que conforman a avaliación, o que supón, cando menos, ter 1,5 puntos no cartafol e no exame práctico, e 2 puntos no traballo).
Quen non cumpra coas obrigas sinaladas no apartado de cartafol, terá que facer un exame final tipo test. Características do mesmo: 40 preguntas de resposta única (duración máxima de 1 hora); tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o estudante terá que acadar, polo menos, 1,50 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas tal e como se indica na seguinte fórmula: Cualificación = [acertos - (erros/nº opcións-1) / nº preguntas] · 10
Quen non aprobe o traballo, na convocatoria de 2ª oportunidade terá que facer un traballo individual consistente en elaborar unha clase para un caso clínico a proposta polo/a docente da materia. Este traballo terá unha parte escrita e outra audiovisual (2 puntos máximo en cada unha destas partes), pero non unha presentación pública.
No caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5.
A Guía Docente segue o "Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado", aprobado no Claustro do 18 de abril de 2023, así como as adaptacións específicas para o Grao en Fisioterapia determinadas pola Xunta de Centro. |