Guia docente 2024_25
Facultad de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia no deporte e a actividade física
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Fisioterapia no deporte e a actividade física Código P05G171V01304
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía funcional e ciencias da saúde
Coordinador/a
Justo Cousiño, Lorenzo Antonio
Correo-e lorenzo.justo@uvigo.es
Profesorado
Justo Cousiño, Lorenzo Antonio
Web
Descrición xeral A materia Fisioterapia no Deporte e a Actividade Física que pretende ofrecer unha visión ampla da actuación do fisioterapeuta dentro do ámbito deportivo e a actividade física. O alumno/a coñecerá aspectos xerais do papel do fisioterapeuta dentro do ámbito deportivo (concepto de Fisioterapia Deportiva, funcións e competencias xerais do fisioterapeuta deportivo), a valoración fisioterápica do atleta, o equipo protector e órtesis no deporte, así como as principais lesións vinculadas a este ámbito. Ademais, desde un punto de vista teórico-práctico, o alumno coñecerá as principais técnicas para a prevención e o tratamento de lesións deportivas. Preténdese que o alumno/a adquira as estratexias necesarias para o tratamento e prevención de lesións dentro dun campo tan relevante como a Fisioterapia Deportiva.

A materia Fisioterapia é de carácter optativo e presenta unha carga crediticia de 6 créditos ECTS. Nesta materia proporcionaranse coñecementos básicos sobre lesións deportivas e técnicas de tratamento e prevención dentro do ámbito deportivo e da actividade física.
Enfocado á área do deporte, nesta materia desenvolveranse conceptos previamente abordados nos primeiros cursos do grao como: fisioloxía, biomecánica, valoración, fisioterapia xeral e afeccións médicas. Así mesmo, introduciranse novos conceptos e técnicas que o alumnado debe incorporar como arsenal terapéutico que lle resultarán útiles para o correcto desenvolvemento das estancias clínicas en cursos posteriores e en labor profesional ao finalizar o grao.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000