Para superar a materia o/a alumno/a debe ter aprobada cada parte por separado (exame de preguntas de desenvolver, simulación ou Role Playing e traballo). Aos/Ás alumnos/as que non superen a materia na convocatoria ordinaria, se lles gardará a parte superada para a convocatoria de 2ª oportunidade dentro do mesmo curso académico. Avaliación continuada: É a avaliación estabelecida por defecto e que ven descrita no apartado de avaliación da materia con seus respectivos porcentaxes. Avaliación global: O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continuada informando ao/á coordinador/a da materia no prazo
estabelecido. Nese caso será avaliado/a polo procedemento de avaliación global. A avaliación global da materia inclue exactamente os mesmos apartados que a avaliación continuada. Avaliación de 2ª oportunidade: A avaliación de segunda oportunidade inclue os mesmos apartados que a avaliación continuada, con a diferenza de que, o traballo, no caso de non telo superado na modalidade de grupo, farase en modalidade individual seguindo as orientacións estabelecidas polo/la coordinador/a da materia. Outros comentarios: Podería darse o caso de que un/ha alumno/a obteña na avaliación global, tendo en conta os
porcentaxes das probas de avaliación, unha calificación de 5 sobre 10 ou superior;
non obstante, si o/a alumno/a ten suspensa algunha das partes da avaliación, a calificación na avaliación global será de suspenso. Nese caso, a nota que incluirase en Sigma será de 4.5. O alumnado que non queira seguir a avaliación continuada deberá notificalo por
escrito seguindo o procedemento que establezca a Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continuada debe realizarse antes da 5ª semana de docencia, o
que supón que asumirá a avaliación global estabelecida na materia. Unha vez
renunciada á avaliación continuada, non terase dereito á mesma, nin ás
consideracións que nela establezcanse. |