Prácticas de laboratorio |
O/a profesor/a presenta as imaxes, guía na observación, apoia coa contorna clínica, axuda na valoración. A/o alumna/o observa, valora, participa, asimila e elabora un catálogo de casos estudados. |
Presentación |
O/a profesor/a proporciona instrucións, asesora na elección dun tema, facilita bibliografía, realiza un seguimento individualizado, aclara dúbidas, valora resultados. A/o alumna/o profunda nun tema, realiza revisión bibliográfica en publicacións clínicas, prepara un resumo e expono en PWP. |
Prácticas con apoio das TIC |
O/a profesor/a proporciona tres programas de bancos de imaxes radiolóxicas normais que permiten ao alumnado interaccionar coa orientación espacial e as referencias de radioanatomía. Explica o seu funcionamento. A/o alumna/o usa os programas no seu computador persoal. |