Lección maxistral |
As clases serán teórico-participativas nas que o/a profesor/a impartirá os contidos sobre a materia
involucrando ao alumnado a participar activamente durante as clases. Empregaranse novas tecnoloxías da información e da comunicación para o desenvolvemento das clases e se utilizará a consulta didáctica, debate e estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. O alumnado terá á súa disposición na plataforma os apuntamentos elaborados polo/a profesor/a que lle servirán de guía. |
Aprendizaxe colaborativa |
Actividades realizadas en pequenos grupos nos que o alumnado traballa aprendendo e desenvolvendo habilidades, actitudes e valores mediante a colaboración. |
Estudo de casos |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais con equipamento especializado. Utilizarase a demostración experimental, a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e adestramento sistemático. A/o docente fará a demostración de como se debe realizar a valoración, a continuación as/os alumnas/os realizarán por parellas a práctica, sendo corrixidos pola/o docente e aclarando todas as dúbidas que
poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha parte a posición do usuario/paciente, as
tomas e contratomas realizadas, así como a execución da manobra e por outra parte a altura da mesa de tratamento e a postura da/o alumna/o que está a realizar a práctica. Así mesmo, terase en conta a actitude da/o alumna/o. |
Traballo tutelado |
O alumnado, en grupo, elabora un traballo sobre a temática da materia. Trátase dunha actividade
autónoma do estudantado que inclúe a busca e recollida de información, lectura e manexo de
bibliografía, redacción, exposición e defensa do traballo elaborado sobre unha modalidade de
Cinesiterapia que deberán demostrar na práctica. |