- AVALIACIÓN CONTINUA: Na modalidade de avaliación continua, as
porcentaxes de avaliación son: -Exame de preguntas de desenvolvemento:
60%. Na avaliación continua o estudantado realizará unha examinación parcial. Cada examinación consta dunha porcentaxe do 30%. Para superar cada examinación parcial o alumnado debe acadar un 5 sobre 10. As examinacións parciais deben superarse de forma independiente. As examinacións non superadas non fan media. -Presentación: 30%. Obrigatorio. -Resolución de problemas e/ou exercicios
10%. Para aprobar a materia o alumno deberá:
obter polo menos un 5 sobre 10 no exame teórico para aprobar a materia (superando cada examinación de forma independente),
realizar as exposicións correspondentes e a nota global debe ser superior a 5
tendo en conta as distintas porcentaxes de avaliación. É obrigatoria a realización traballo, así
como a súa presentación e defensa. As diferentes actividades e/ou exercicios de resolución de
problemas carecen de carácter e non teñen carácter eliminatorio e asignaráselle
a cada actividade a porcentaxe de avaliación correspondente. Na avaliación continua non é obrigatoria a
asistencia a clase, pero é obrigatoria a realización da presentación dos
traballos (a ausencia implica motivo de suspenso). -AVALIACIÓN GLOBAL (renuncia á avaliación
continua): Neste caso non se realizarán resolución de
problemas e/ou exercicios, polo que na convocatoria ordinaria o alumnado será
avaliado da seguinte maneira: -Exame de preguntas de desenvolvemento:
60%. Non se realiza examinación parcial. - Exposición e Traballo e Proba Oral: 30%. Obrigatorio. - Resolución de problemas e/ou exercicios 10%. O alumnado que non queira seguir a
avaliación continua deberá comunicalo por escrito seguindo o procedemento
establecido pola Facultade de Fisioterapia. A renuncia á
avaliación continua deberá realizarse na 5a semana de docencia, o que supón que
asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez renunciada á
avaliación continua, non terá dereito a ela nin ás consideracións que nela se
establezan. -AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA- RECUPERACIÓN: O alumnado que renunciase á avaliación
continua e se adhira á avaliación global terá as mesmas porcentaxes de
avaliación que na convocatoria ordinaria na modalidade de avaliación global. O alumnado que non superase a materia en avaliación continua por
non acadar un 5 sobre 10 na proba teórica (exame de preguntas de
desenvolvemento), só deberá ser avaliado nese exame, xa que se conserva o resto
das cualificacións. Na avaliación continua, en caso de superar a examinación parcial a calificación presérvase na avaliación extraordinaria. Polo tanto, consérvanse os mesmos
criterios establecidos para a avaliación continua. Aínda que na convocatoria extraordinaria se conservan as
cualificacións do traballo e da defensa, no caso de que sexa necesario
recuperar o traballo e a defensa, solicitaráselles ao alumnado a realización
dun traballo adaptado coa mesma porcentaxe de avaliación. Outras consideracións: A defensa (presentación da proba
oral-traballo) realizarase en horario lectivo teórico no día ou días sinalados
no horario do curso. Independentemente da nota media obtida nas probas de avaliación,
se non se cumpren os requisitos mínimos exixidos anteriormente, a cualificación
obtida quedará SUSPENSA. A nota de suspenso nunca será superior a
4,5. Polo tanto, podería darse o caso de que un
alumno/a obteña unha nota de 5 sobre 10 ou superior na avaliación global, tendo
en conta as porcentaxes das probas de avaliación; non obstante, se o
alumno non supera o exame escrito, a nota da avaliación global será suspendida. Os sistemas de avaliación descritos nesta Guía Docente son
sensibles tanto á avaliación das competencias como aos contidos da materia. A realización do traballo é obrigatoria e
a súa avaliación realizarase mediante as prácticas/titorías establecidas na
programación da materia e na exposición e defensa do mesmo. Todas as actividades
deben estar rematadas solicitado polo profesor dentro do traballo. A presenza de faltas ortográficas en traballos ou probas escritas
pode levar ao suspenso. A Guía Docente seguirá o “REGULAMENTO DA AVALIACIÓN,
CUALIFICACIÓN E CALIDADE DOCENTE E DO PROCESO DE APRENDIZAXE DO ALUMNADO”
(Aprobado polo claustro o 18 de abril de 2023), así como as adaptacións
específicas para o Grao en Fisioterapia que determine a Xunta de Centro. |