Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Comunicarse de xeito efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais. |
C1 |
Coñecer os principios e teorías dos axentes físicos e as súas aplicacións en fisioterapia. |
C2 |
Comprender os principios da biomecánica e a electrofisioloxía e as súas principais aplicacións no ámbito da fisioterapia. |
C6 |
Identificar as estruturas anatómicas como base de coñecemento para establecer relacións dinamicamente coa organización funcional. |
C34 |
Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conducta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social. |
D1 |
Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega. |
D2 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo |
D3 |
Recoñecemento á diversidade e á multiculturalidade |
D4 |
Creatividade, espírito emprendedor e adaptación a novas situacións |
D7 |
Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora. |