Os traballos serán avaliados por un tribunal. Para que o traballo poida considerarse superado, ademais da calidade do material entregado, o estudante deberá gter alcanzado como mínimo os seguintes logros:
- Presentación dun social media plan que conteña tódolos apartados indicados no epígrafe de contidos.
- Publicación dun mínimo de 5 entradas no blogue, de alomenos 500 palabras de extension cada unha, nas que se incluirán contidos audiovisuais (imaxes, vídeo, audio, hiperenlaces...) xerados polo/a estudante. - Publicación dun mínimo de 50 entradas en redes sociais, nas que se empregará polo menos nunha ocasión un vídeo de creación propia e unha infografía. |