A información sobre as
probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles
de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do
alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información
específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. AVALIACIÓN CONTINUA A asistencia as clases prácticas e participación poderá influir negativamente a
nivel individual na evaluación dos traballos entregados en grupo ata un 50% da
nota. O alumnado debe superar cada un dos ítems
de avaliación propostos, con polo menos o 50% da máxima puntuación posible, incluida a observación sistemática,
para poder superar a materia. As entregas fóra de data
están suxeitas a unha redución do 50% da calificación dese traballo. SEGUNDA OPORTUNIDADE E
FIN DE CARRERA O alumnado que teña
aprobada algún dos tres proxectos poderá conservar a nota e só terá que
presentarse á parte suspensa, entregando o proxecto en cuestión dacordo coas
datas fixadas polo profesorado da materia. SISTEMA DE AVALIACIÓN
GLOBAL A avaliación global da
materia comprende un bloque un práctico cunha duración global de 5 horas. Será
obrigatorio aprobar cada unha das tres partes para superar a materia: Parte 1: Entrega de dous
proxectos: -
Maqueta dun spot - Montaxe ne continuidade Parte 2: Defensa oral dun
plan de produción a partir do visinado dunha peza. 120 minutos Parte 3: Grabación e montaxe
dunha peza de 30 segundos en Davinci Resolve. 90 minutos Cada una das
partes ponderarán da seguinte forma: 20%, 40% e 40%. A data da proba da
avaliación global coincidirá coas probas do exame oficial en primeira e segunda
convocatoria. |