Código |
Descrición |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
C12 |
Capacidade para redactar contidos de marca para blogues, webs e redes sociais dentro da estratexia de comunicación dixital dunha organización. |
C13 |
Coñecemento das técnicas e usos da redacción e maquetación de contidos para internet. |
D1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
D2 |
Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega |
D4 |
Habilidade para a xestión da marca persoal e a propia reputación dixital. |