Sen xestión pública non hai democracia e benestar efectivo. E sen un marco democrático apoiado nun sistema institucional ético, aberto, transparente, xusto, solidario, sostible e inclusivo, resulta difícil que os sistemas multinivel e intergubernamentais que se crean a partir dos Estados e os seus diferentes entramados sexan capaces de enfrontar os retos complexos planetarios e locais aos que se enfrontan as democracias no século XXI. A xestión pública, en consecuencia, debe ser estudada en chave de pensamento institucional e acción pública, de ética e de acción en rede.
A gobernanza en rede eé o paradigma que axuda a comprender o contexto e a continxencia duns sistemas institucionais sometidos a crises, epidemias e pandemias de diverso tipo e intensidade exponencial. Pero sen pensamento institucional non hai acción pública, nin innovación, nin excelencia, nin calidade, nin calqueira outro enfoque o axectivo que se lle poida engadir a un "management" público que reclama coñecemento tanto das teorías clásicas como das máis pos-institucionais.
Na presente materia orientarase a aprendizaxe crítica das fontes académicas clásicas da xestión pública, así como de aquelas outras máis innovadoras e híbridas no marco da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Todas elas deben ser integradas nun marco lóxico que teña como obxectivo axudar ao alumnado a conseguir comprender a complexidade das institucións e organizacións públicas, así como a rede interinstitucional que debe cooperar para conseguir actualizalas democracias e a xestión de políticas e servizos públicos éticos, sostibles e inclusivos.