A información sobre as
probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles
de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do
alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información
específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.
AVALIACIÓN CONTINUA
A asistencia e participación poderá influir negativamente a
nivel individual na evaluación dos traballos entregados en grupo ata un 50% da
nota.
Para aprobar é necesario
conseguir alcanzar un aprobado nas tres seguintes calificións: media dos
proxectos 1 e 2, proxecto 3 e proxecto 4.
As entregas fóra de data,
están suxeitos a unha redución do 50% da cualificación dese traballo.
SEGUNDA OPORTUNIDADE E
FIN DE CARRERA
O alumnado que teña
aprobada algunha das partes da materia (media dos proxectos 1 e 2, proxecto 3 ou
proxecto 4) poderán conservar a nota e só terán que presentarse á parte
suspensa.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
GLOBAL
A avaliación global da
materia comprende un bloque un práctico cunha duración global de 5 horas. Será
obrigatorio aprobar cada unha das catro partes para superar a materia:
Parte 1: Entrega de dous
proxectos:
-
Visualización de datos
(Visual Data)
-
Guerrilla, MK directo + Branded content
Parte 2: Defensa oral dun
exercicio de adaptación dunha campaña en medios masivos a medios
estimados
Parte 3:
Realización en tempo real do exercicio de “espazo brandeado”.
Parte 4: Redacción
dunha memoria das actividades realizadas que inclúa a xustificación das
competencias asociadas na materia en relación cos retos do sector
Cada una das
partes ponderarán da seguinte forma: 20%, 30%, 30% e 20%
A data da proba da
avaliación global coincidirá coas probas do exame oficial en primeira e segunda
convocatoria.