Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Creación publicitaria para medios audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe-servizo Aprendizaxe dos contidos vistos nas distintas sesións da materia a través da creación dunha campaña publicitaria aplicada a unha entidade pública con compromiso social. Aprender facendo e dar servizo á comunidade. Ademais, esta metodoloxía aplicarase de forma colaborativa con varias materias do máster impartidas no mesmo cuadrimestre. 50 B1
B2
B5
C1
C7
C14
D1
Presentación Defensa oral da proposta de campaña exposta como principal exercicio da materia; así como a resolución doutros estudos de caso analizados nas sesións de seminario, de ser o caso 20 A4
B2
B4
B5
C1
C13
Estudo de casos Análise de casos e propostas propias para campañas publicitarias audiovisuais 20 B1
B5
C13
D1
D4
Observación sistemática Asistencia as distintas sesións presenciais da materia 10 B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTRAS INDICACIÓNS PARA A AVALIACIÓN CONTÍNUA

- É necesario aprobar cada un dos traballos propostos para superar a materia, cunha nota mínima do 50%. De non ser así, o/a estudante terá un suspenso na materia.

- Na segunda oportunidade terase en conta o mesmo sistema de avaliación e os criterios establecidos para a primeira oportunidade, pero os traballos realizaranse de forma individual.

- A asistencia á materia é obrigatoria. Tomarase nota da asistencia das estudantes a todas as sesións. Aquelas/os que teñan un 50% ou máis de faltas de asistencia non serán avaliados/as.

- As faltas de asistencia deberán ser xustificadas no momento (no período dun máximo dunha semana desde que se produzan) e non se aceptarán se estas se producen ao final do cuadrimestre.

- Non serán avaliados os traballos entregados fóra da data establecida.

INDICACIÓNS DA AVALIACIÓN GLOBAL

- O sistema de avaliación global aplícase ás estudantes que de forma expresa renuncien ao sistema de avaliación continua, que é o sistema recomendado para cursar esta materia.

- Esta renuncia deberá facerse no primeiro mes de docencia da materia, seguindo as indicacións do protocolo aprobado na Xunta de Facultade de Comunicación e logo de ser informada a docente.

- O sistema de avaliación global estará composto por un exame oficial de carácter teórico (50%) e a elaboración dun traballo que supón un dossier escrito (30%) e unha presentación oral (20%), que se realizará de forma individual. Este traballo consistirá na creación dunha campaña publicitaria de carácter audiovisual (vídeo e radio) para un determinado anunciante e/ou produto. Valorarase a documentación xustificativa presentada, a adecuación ás necesidades e obxectivos do cliente e a orixinalidade da idea proposta.

- Deberán aprobarse cada un dos tres exames por separado para poder superar a materia.

- Os exames de avaliación global só se realizarán na data oficial aprobada polo centro.

- O traballo non se recollerá fóra dese día oficial.

- Non se ofrecerán sesións de tutorización que consistan na explicación de contidos teóricos ou prácticos vistos nas sesións presenciais.

- Non se ofrecerá material adicional ao incorporado na plataforma de teledocencia Moovi para aquelas/os estudantes que renuncien ao sistema de avaliación continua.

Outros aspectos a ter en conta

Esta materia impártese en modo PRESENCIAL, polo que é deber do alumnado asistir ás sesións docentes no horario establecido polo centro.

Como xa se indicou ao explicar o sistema de avaliación continua, en todas as sesións tomarase nota dos membros asistentes (Folla de asinaturas indicando nome, DNI e sinatura).

Esta normativa é aplicable a todos os alumnos e alumnas matriculados nesta materia, SEN EXCEPCIÓN.

A guía docente presenta o enfoque xeral da asignatura. Por motivos de extensión e debido á imposibilidade de subir documentación complementaria na plataforma Docnet, os detalles máis concretos sobre o sistema de avaliación global xestionaranse en tempo e forma a través da plataforma Moovi.

Todo o non contemplado e/ou detallado expresamente nesta guía será regulado polas indicacións do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). Dispoñible en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000