Guia docente 2024_25
Facultade de Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Creación publicitaria para medios audiovisuais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación dos conceptos básicos da materia con exemplos prácticos, achegando material audiovisual durante as sesións.
Seminario Sesións teórico-prácticas sobre os contidos da materia, incluíndo tarefas de aula como estudos de caso ou resolución de problemas.
Aprendizaxe-servizo Aprendizaxe dos contidos vistos nas distintas sesións da materia a través da creación dunha campaña publicitaria aplicada a unha entidade pública con compromiso social. Aprender facendo e dar servizo á comunidade. Ademais, esta metodoloxía aplicarase de forma colaborativa con varias materias do máster impartidas no mesmo cuadrimestre.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000