AVALIACIÓN
CONTINUA Avaliación
baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos requiridos
ao longo do curso. Avaliación
global do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos a
través de probas presenciais nas datas oficiais aprobadas polo centro. Será
preciso obter polo menos un 50% da puntuación total de todas as partes
avaliables para superar a materia. AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado deberá informar o docente da súa renuncia
expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para
tal fin, achegando cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. A proba de avaliación global realizarase na data e
horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das
probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha
cualificación mínima do 50% en cada unha delas. Dada a extensión das probas o
alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispoñer de 4 horas para a
realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia
segundo o calendario oficial. Breve descrición das probas: Proba 1. Proba de exame sobre os contidos teóricos
impartidos na materia. A proba ten un valor do 25% sobre o total da nota sendo
preciso obter unha cualificación mínima do 50% da mesma para aprobar esta
parte. Proba 2. Traballo I. Elaboración de actividades de
acordo con as pautas definidas polos docentes. O traballo ten un valor do 25%
sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima do 50%
para superar esta parte. O traballo será entregado na data e horario do exame.
O detalle dos contidos do traballo, metodoloxías e criterios de avaliación
serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez finalizado o
prazo de renuncia expresa á avaliación continua. Proba 3. Traballo II. Elaboración de actividades de
acordo con as pautas definidas polos docentes. O traballo ten un valor do 25%
sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima do 50%
para superar esta parte. O traballo será entregado na data e horario do exame.
O detalle dos contidos do traballo, metodoloxías e criterios de avaliación
serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez finalizado o
prazo de renuncia expresa á avaliación continua. Proba 4. Traballo III. Elaboración de actividades de
acordo con as pautas definidas polos docentes. O traballo ten un valor do 25%
sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima do 50%
para superar esta parte. O traballo será entregado na data e horario do exame. O detalle dos contidos do traballo, metodoloxías e
criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global
unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua. Resumo das probas e porcentaxe de valoración global
do conxunto de tarefas: Proba 1. Proba de exame. Valoración do 25% sobre o
total da nota. Proba 2. Traballo I. Valoración do 25% sobre o total
da nota. Proba 3. Traballo II. Valoración do 25% sobre o total
da nota. Proba 4. Traballo III. Valoración do 25% sobre o
total da nota. Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima
do 50% en todas as probas para superar a materia. A información sobre as probas de avaliación, o seu
formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas
a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á
información subida e recompilar a información específica e complementaria que
sexa precisa para superar a materia. SEGUNDA OPORTUNIDADE O sistema
de avaliación é o mesmo en todas as convocatorias. |