Seminario |
Neste apartado están incluídos os estudos de caso, os debates, as presentacións e os traballos feitos na aula. |
20 |
|
|
C12 C14 C15
|
D1 D3 D4
|
É RESPONSABILIDADE DO ALUMNO OU ALUMNA ESTAR ATENTO Á INFORMACIÓN SUBIDA E RECOMPILAR A INFORMACIÓN ESPECÍFICA E COMPLEMENTARIA QUE SEXA PRECISA PARA SUPERAR A MATERIA. AVALIACIÓN CONTINUA a. Proba teórica (40%): inclúe os temas e contidos vistos na aula, complementados coa bibliografía. O alumno/a deberá presentarse a un exame nas datas que determine o calendario oficial aprobado en Xunta de Facultade. O exame consistirá nun test no que as preguntas terán tres posibles respostas, sumando cada unha das correctas x puntos e restando as erróneas a metade de x; de tal forma que dúas preguntas incorrectas anulan unha correcta. As preguntas non contestadas nin suman nin restan. Para aprobar a parte teórica débese obter, como mínimo, un 2 sobre 4 puntos. b. Parte práctica: as clases prácticas son presenciais e obrigatorias. A non asistencia ao 15% das clases prácticas supón a non aprobación desta parte por avaliación contínua. Na parte práctica realizaranse: - Traballos semanais na aula (20%) relacionados co tema que, ao mesmo tempo, estea a explicarse nas aulas teóricas. Todos eses traballos serán, á súa vez, pasos previos do traballo final da materia.
- Traballo final (40%) que consistirá na planificación grupal dun evento público ao final do semestre. O programa do evento virará ao redor dun tema central que será decido na primeira semana de clase e compoñerase de diversos microeventos a desenvolver nunha mesma xornada, sendo responsable de cada un deles cada un dos grupos de traballo nos que se dividan os catro grupos prácticos da materia. Os 6 puntos da parte práctica dividiranse do seguinte xeito: - 4 puntos polo deseño, produción e execución do microevento en cuestión ao longo do curso. - 2 puntos polo resto de traballos realizados: estudos de caso, debates, presentacións e traballos feitos na aula.
Para superar, por tanto, a parte práctica da materia, debe obterse como mínimo un 2 sobre 4 no traballo tutelado e un 1 sobre 2 no resto de traballos. Observacións sobre a avaliación continua: - Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes avaliables da mesma, acadando a nota mínima indicada para cada unha delas nos puntos anteriores.
- Os docentes valorarán engadir ata un punto na cualificación individual final do alumno/a se a súa asistencia ás clases teóricas foi superior ao 75% e foi participativa.
- En caso de non superar algunha das partes da materia (teoría, traballos en aula e traballo final), a nota final da convocatoria en cuestión será a mínima das notas obtidas nos distintos apartados que son avaliados, nunha escala de 0 a 10.
AVALIACIÓN GLOBAL a. Proba Teórica: 40% b. Traballos prácticos final: 40% c. Traballos en aula: 20% Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes avaliables da mesma, acadando a nota mínima indicada para cada unha delas nos puntos anteriores. En caso de non superar algunha das partes da materia (teoría, traballos en aula e traballo final), a nota final da convocatoria en cuestión será a mínima das notas obtidas nos distintos apartados que son avaliados, nunha escala de 0 a 10. COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN - Os alumnos/as coa materia pendente de cursos anteriores, que non poidan asistir presencialmente por coincidencia co horario doutra materia, deben poñerse en contacto cos profesores no mes de setembro para planificar o desenvolvemento dos traballos.
- A nota de cada unha das partes avaliables da materia (exame, traballos en aula e traballo final) aprobadas na primeira oportunidade (maio) gardarase, só durante o curso actual, para a segunda oportunidade (xullo), de tal forma que en xullo as persoas que se atopen nesta situación só se examinarán da parte ou partes que suspendesen anteriormente. Se a parte suspensa son os traballos en aula ou o traballo final, os alumnos/as deben poñerse en contacto cos profesores tan pronto como lles sexa comunicada a nota da primeira oportunidade, a fin de que lles marquen con antelación suficiente os traballos a realizar para poder superala.
- Se segue sen superarse a materia na convocatoria extraordinaria de xullo, deberá cursarse na súa totalidade en futuras convocatorias e ano académicos.
- Aquelas persoas que non se examinen na primeira oportunidade e o fagan directamente na segunda, terán que ter, ao igual que o resto de alumnado, presentadas todas as prácticas esixidas durante o curso, tanto o traballo final como as realizadas na aula, polo que deben contactar previamente co profesorado (no mes de febreiro) para planificar os traballos a realizar.
- Non existe itinerario específico para quen non poida asistir ás clases, tendo que cumprir estes/as estudantes os mesmos requisitos de avaliación da parte teórica e práctica que se lle esixen ao resto de matriculados/as na materia.
|