Estudo de casos |
É necesario o estudo de casos específicos, onde se observen as diferentes técnicas propagandísticas, para unha mellor aprendizaxe dos coñecementos teóricos. Neste senso, valorarase a asistencia a charlas e/ou xornadas organizadas para contribuír á reflexión crítica do alumnado |
Traballo tutelado |
Os estudantes desenvolverán, preferentemente en grupo, un traballo tutelado. Trátase dunha actividade autónoma ds estudantes que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc. Dedicaranse varias sesións á presentación, seguemento e exposición oral dos proxectos. |