EVALUACIÓN CONTINUA Parte teórica Para aprobar a parte teórica o alumnado debe superar un exame escrito individual (na data oficial publicada polo centro) sobre os contidos que se impartan na aula e que están recollidos no programa. O exame se valora sobre un máxino de 10 puntos e supón o 40% da evaluación da materia. É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) da mesma para aprobar esta parte. Parte práctica Para aprobar a parte práctica o alumnado debe entregar cada un dos 3 traballos impresos nas datas indicadas ao comezo de curso. Aquelas prácticas non entregadas a data indicada sen causa xustificada (causas recollidas no regulamento sobre evaluación, calificación e calidade da docencia aprobadas no claustro do 18 de abril de 2023), se considerarán suspensas e o alumno deberá entregalas na convocatoria de segunda oportunidade. Cada un dos traballos prácticos se valorará sobre un máximo de 10 puntos e supón o 20% da evaluación da materia. É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) en cada un dos traballos para aprobar esta parte. Unha vez publicadas as notas provisionais de cada práctica permítense 24h para revisión, unha vez transcorridas a nota considérase definitiva. A asistencia ás prácticas é obrigatoria, aqueles alumnos que teñan 2 faltas de asistencia sen xustificar non poderán ser avaliados e constarán como suspenso nesta parte e terán que ir á convocatoria de segunda oportunidade. Requisitos para superar a materia - Ter aprobados todos o traballos prácticos - Ter aprobado o exame teórico - Asistencia a clase
A nota final é o resultado da parte teórica e práctica, non se poderá aprobar a materia con algunha parte suspensa.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Parte teórica Para aprobar a parte teórica o alumnado debe superar un exame escrito individual (na data oficial publicada polo centro) sobre os contidos que se impartan na aula e que están recollidos no programa. O exame se valorará sobre un máximo de 10 puntos e supón o 40% da evaluación da materia. É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) da mesma para aprobar esta parte. Parte práctica Na data oficial do exame o alumno deberá entregar en formato impreso aqueles traballos que teña suspensos. Cada un dos traballos prácticos se valorará sobre un máximo de 10 puntos e supón o 20% da evaluación da materia. É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) en cada un dos traballos para aprobar esta parte. A nota final é o resultado da parte teórica e práctica, non se poderá aprobar a materia con algunha parte suspensa.
EVALUACIÓN GLOBAL
O alumnado deberá informar ao docente sobre a súa renuncia ao sistema de evaluación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, achegando cuberto e asinado (por ambas as partes, alumno e docente) o documento habilitado. Fóra do prazo previsto polo centro o alumnado non poderá acollerse a este sistema de evaluación.
A proba de evaluación global se realizará na data e horario previstos polo centro no calendario de exames oficial. O alumno deberá superar todas e cada unha das probas de evaluación previstas que se detallan a continuación obtendo unha puntuación mínima de 5 puntos en cada unha delas, en caso contrario non será avaliado e a materia estará suspensa. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a evaluación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da
hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. Descripción das probas Proba 1. Exame teórico. Se realizará o exame teórico previsto para a materia tanto para
a evaluación global como continua. O exame será avaliado coas mesmas pautas para
todo o alumnado. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo preciso obter
unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega do tres traballos propostos polo docente. O
conxunto dos traballos (3) ten un valor do 30% sobre o total da cualificación. Debe
obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar
esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os
traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos
traballos, metodoloxías e os criterios de evaluación serán facilitados aos estudantes de evaluación global unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa á evaluación continua. Proba 3. Actividade práctica. Tras a elaboración do exame os estudantes de evaluación global deberán asistir co docente a sala de prácticas habitual, onde deberán realizar
actividades prácticas semellantes ás realizadas polos alumnos de evaluación continua,
empregando os mesmos recursos e equipamentos empregados por estes. A proba durará un máximo de dúas horas desde o comezo da mesma. O detalle das probas así como os
criterios de evaluación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes
desde a renuncia efectiva a súa evaluación continua. A selección de actividades prácticas,
no seu conxunto, ten un peso do 30% sobre o total da cualificación sendo preciso obter
unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Resumo das probas e porcentaxe de valoración: Proba 1. Exame. Valoración do 40% sobre o total da nota. Proba 2. Traballos prácticos. Valoración do 30% sobre o total da nota. Proba 3. Actividades prácticas. Valoración do 30% sobre o total da nota. Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima de 5 puntos en todas as probas. |