1. Para a superación da materia co sistema de avaliación continua arriba descrito, será necesaria a entrega, presentación e exposición de todos os traballos e exercicios, obtendo unha cualificación mínima de aprobado (5) en cada un deles, e seguindo os temas, prazos e condicións establecidas polo equipo docente. Ademais, será obrigatoria a asistencia ás clases (só se permitirán un máximo de 2 faltas sen xustificar en todo o cuadrimestre).
2. No caso de que o alumnado queira optar á avaliación global deberá presentar a súa renuncia á avaliación continua dentro do prazo e seguindo o procedemento establecido polo centro.
3. Descrición da avaliación global:
Na data oficial establecida polo centro para o exame final, o alumnado deberá:
- Realizar un exame teórico, definido polo equipo docente (60% da nota)
- Resolver un suposto práctico, definido polo equipo docente (20% da nota)
- Entregar un traballo consistente na análise dunha campaña real no medio radio, definida polo equipo docente (10% de la nota)
- Presentar un exercicio que inclúa a creación, redacción, casting de voces e sonorización dunha cuña de radio en base a un briefing definido polo equipo docente (10% da nota)
Obtendo a cualificación mínima de aprobado (5) en todos e cada un deles.
4. O proceso de avaliación en segunda oportunidade será igual ao establecido para a avaliación global.
5. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, datas e canles de entrega será detallada nas clases e a través da plataforma Moovi. E responsabilidade do alumnado estar atento á información que sexa precisa para superar a materia.