O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global. 1 - Avaliación continua : Serán aplicados as porcentaxes e conceptos anteriores (Exame, observación sistemática, prácticas TIC e Traballos tutelados). A cualificación final será a nota media dos 4 apartados, segundo as porcentaxes relativas explicados no apartado de Avaliación. No entanto, para superar a materia será preciso obter, como mínimo, un 4 no exame de preguntas de desenvolvemento . No caso dunha cualificación inferior, non se poderá compensar cos outros apartados, aínda que se conservarán as súas cualificacións para a convocatoria de xullo. Nese caso, a cualificación da materia na primeira edición será a nota do exame. Na segunda edición (xullo) o alumno terá que mellorar a sua cualificación mediante o exame e/ou a repetición dos traballos tutelados. Terá que repetir necesariamente o exame si a sua cualificación fose inferior a 4. A repetición dos traballos será unha decisión do propio alumno. Non se re-avaliarán a Observación Sistemática nin as prácticas co asTIC. Tamén se necesitará unha nota mínima de 4 para facer a media co resto de apartados. Caso de non alcanzala, a cualificación final será a dese exame. Todos os detalles da estrutura do exame, enunciados dos traballos e das prácticas, calendario de entrega, criterios de corrección, asÍ como as cualificacións, serán publicados na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará a través de ningunha outra vía. 2 - Avaliación global - De acordo ao establecido no Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua, terá dereito a unha proba global nas datas que a Facultade determine. Será unha proba única e que permitirá cualificar ao alumno entre 0 e 10, igual que na avaliación continua. Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo alumno, coa antelación e os procedementos que o Decanato da Facultade determine, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método de avaliación continua. Devandito procedemento poderá ser consultado na plataforma MOOVI. Non se admitirán solicitudes fora do prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, tampouco se poderá desistir do mesmo. As probas realizaránse na data e horario establecido oficialmente pola Facultade. Por regra xeral, a duración desta proba será de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o comenzo da proba) para completala. Haberá unha parte teórica (50% da cualificación) e outra práctica (50% da cualificación). A parte teórica será similar á da modalidade de avaliación continua, polo que é de aplicación o explicado no apartado de Exame de preguntas de desenvolvemento do epigrafe de Avaliación da guía. A parte práctica consistirá na creación dunha, ou varias imáxes (co software da Facultade) cos obxectivos que o enunciado da proba estableza e similares aos requiridos para os traballos tutelados da materia. Para superar a materia será preciso obter, como mínimo, un 4 no exame de preguntas de desenvolvemento. No caso dunha cualificación inferior, non se poderá compensar cos outros apartados, aínda que se conservarán as cualificacións para a convocatoria de xullo. Nese caso, a cualificación da materia na primeira edición será a nota do exame. Na segunda edición (xullo) o método será idéntico ao da primeira edición. Recuperar a parte práctica será unha opción do alumno, pero terá que repetir necesariamente o exame si a sua cualificación fose inferior a 4. Caso de non alcanzala, a cualificación final será a deste exame Todos os detalles da estrutura do exame, material de estudo, enunciados dos traballos, criterios de corrección, así como as cualificacións, serán publicados na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará a través de ningunha outra vía. Calquera aspecto non previsto nesta guía resolveráse en base ao citado Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565 |