Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Xestión de persoas: Organización e funcións
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Xestión de persoas: Organización e funcións Código P04G095V01205
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Organización de empresas e márketing
Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
García-Pintos Escuder, Adela
Correo-e adelagpe@uvigo.es
Profesorado
García-Pintos Escuder, Adela
Web
Descrición xeral Unha maior preocupación polo mellor uso dos fondos públicos así como unha maior orientación das organizacións públicas cara ao servizo e o cidadán, indican a cada vez maior presenza de técnicas de xestión de recursos humanos, que inspiradas no sector privado aplícanse nas organizacións públicas.
Os cambios consistiron sobre todo na concienciación de que as prácticas en materia de emprego e de retribucións, os métodos de traballo, os resultados e a actitude do persoal, así como os demais aspectos da xestión de recursos humanos, inflúen directamente na eficiencia e eficacia das organizacións públicas.
Por iso o programa que a continuación se presenta pretende contribuír, ou polo menos presentar, os instrumentos que se poden aplicar neste tipo de organizacións.
Materia do programa English Friendly.
Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000