Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política: Sistema político español
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Ciencia política: Sistema político español Código P04G095V01104
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
López Mira, Álvaro Xosé
Correo-e almira@uvigo.es
Profesorado
López Mira, Álvaro Xosé
Web
Descrición xeral Trátase nesta materia de abordar cunha visión actualizada os diferentes elementos históricos, xurídicos, sociais, políticos, electorais... que conforman o deseño e funcionamento do sistema político no que estamos simultaneamente imbricados como cidadáns e estudantes universitarios. Dada a extensión e complexidade dos temas a tratar, fácil resultará entender, que precisamos facer un compendio moi estricto dos mesmos no periplo académico desta asignatura. Esa é tamén unha das razóns que aconsella un diferente espazo de tratamento de cada un dos temas.
O/a estudante desta asignatura pode caer na tentación de que resulta doado asimilala xa que todo o nela tratado sóalle máis ou menos próximo, ben polos seus coñecementos previos, ben polo tratamento informativo das axendas mediáticas do país que inclúen sempre algún dos elementos incluídos no programa. Sería, na maior parte dos casos, un craso erro que cómpre evitar. Non se pense tampouco que pode haber solapamento de contidos con algunha materia xa estudada; non é así porque a Ciencia Política é a ciencia do realismo e, polo tanto, vai máis alá das aparencias ou do ilusorio normativismo xa que pode demostrar como detrás dun fermoso marco xurídico, mesmo constitucional, poden imperar a corrupción, o nepotismo ou o mero incumprimento. Eis polo que os nosos obxectivos son moi ambiciosos: porque aspiran a explicar como funciona na realidade o noso modelo político nas tres partes en que vén dividida a materia.
A información básica sobre a materia atópase nesta Guía docente da materia e na plataforma Faitic da Universidade de Vigo. Ademais infórmovos que teremos titorías presencias ou virtuais segundo as circunstancias, respectivamente, no despacho 224 da Facultade de Ciencias Sociais ou no teléfono 986801981, no Skype alvaroxose e no e-mail almira@uvigo.gal
Agardo que a materia sexa do voso interese e vos proporcione ferramentas analíticas útiles para interpretar a complexa realidade político-social na que nos tocou en sorte vivir. Contade comigo para axudarvos neste propósito sempre que o precisedes.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000