Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política: Ciencia politica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Ciencia política: Ciencia politica Código P04G095V01101
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Cancela Outeda, Celso
Correo-e ccancela@uvigo.gal
Profesorado
Cancela Outeda, Celso
Cordal Rodríguez, Constantino
Web http://http://csc.uvigo.es/profesorado/celso-cancela-outeda/
Descrición xeral Esta materia pretende que o alumnado adquira un conxunto de ferramentas conceptuais básicas relativas á organización política estatal que —ademais de contribuír a súa formación xeral e de proporcionarlle certos coñecementos fundamentais para outras materias— lle permitan contextualizar axeitadamente o fenómeno das administracións públicas dende a óptica da politoloxía nunha contorna multinivel e a desenvolver unha visión crítica de realidade cotiá.
De xeito exemplificativo, tentaremos ofrecer respostas a preguntas como: que é a política? Cando goza de lexitimidade o poder político? Cales son as diferencias entre o parlamentarismo e presidencialismo? E que vantaxes e desvantaxes presentan respectivamente? Que é un partido político? Como podemos definir a democracia? Como lle afectan instrumentos de comunicación como as redes sociais?
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000