A materia de Dirección Escénica é eminentemente práctica, po lo que a asistencia activa é vital. A aprendizaxe complétase coa observación da resolución de dirección de secuencias do resto do alumnado. Avaliación Continua - Participación activa na aula. - Resolución de exercicios : 10% - Presentación dunha análise dun guión audiovisual. 10% - Presentación traballo teórico sobre mestre/a metodoloxías base. 10% - Resolución de problemas de forma autónoma. 30% - Dirección dunha secuencia e a súa correspondente análise activa. 40% Perda da avaliación continúa - Teranse en conta as partes aprobadas da avaliación continua e o alumnado fará proba final das partes non superadas. O resto de exercicios serán especificados na aula. En principio o alumnado que elixe a avaliación continua e supera todos os items, poderá igualmente presentarse ao exame final, se consideran a posibilidade de subir nota.
A segunda oportunidade, refírese ao caso da perda de avaliación continua. O alumnado que perda a avaliación continua, poderá presentarse ao exame final. Este efectuarase sobre as partes non superadas.
A Avaliación Global, que terá que ser elixida no primeiro mes de clase, e supón a renuncia a Avaliación continua, constará dun exame individual de 5 horas de duración ( Con periodos de descanso que se decidirán previamente). Este exame incluirá todos os traballos especificados no apartado anterior. O estudantado deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. A parte de Análise dun guión cinematográfico ou dunha serie máis a reseña dun libro da bibliografía terá que ter unha cualificación mínima 5 puntos. O Exame teórico terá que ter unha cualificación mínima de 5 puntos
Dirección actoral de secuencia terá que ter unha cualificación mínima de 5 puntos. Unha cualificación inferior en calquera das probas non servirá como media coas outras probas. En resumo: Traballos prácticos. Valoración 20+10. 30% sobre o total da nota Exame teórico. Valoración 40% sobre o total da nota Actividades prácticas. Valoración 30% sobre o total da nota
Na segunda edición, a que corresponde aos exames de XULLO, aplicaranse os mesmos criterios. Todos os detalles da estrutura do exame, os traballos e prácticas, calendario de entrega, criterios de corrección, todas as características, especificacións, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumnado estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio.
|