Guia docente 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Posprodución audio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Análise de casos concretos relativos ao son de producións audiovisuais. 20 B6
B7
B8
C8
D4
Prácticas con apoio das TIC Prácticas na aula con apoyo docente e autónomas nas que se aplicarán os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nas clases maxistrais. 20 B6
B7
B8
C8
D3
D4
Traballo tutelado Traballos de recreación e creación dunha postprodución complexa dunha secuencia predefinida. 30 B6
B7
B8
C8
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Os contidos desenvolvidos nas horas presenciais das sesións maxistrais
avaliaranse a través dunha proba final que suporá o 20% da nota final da
materia.
20 B6
B7
B8
C8
D3
D4
Observación sistemática A asistencia valorarase proporcionalmente ao nº de clases.. 10 B6
B7
B8
C8
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia é obrigatoria e valorarase proporcionalmente co 10% do valor total (1 punto).

En cada apartado poderá haber mais dunha proba, que se irán secuenciando ao longo do curso.

Será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das probas (incluida a asistencia e a participación) para poder facer a media entre os distintos elementos de avaliación. No caso de supender algún das partes e ter que acudir á convocatoria de xullo manterase a nota das partes superadas ou aprobadas. (excepto a asistencia e participación).

Será necesario realizar todos os traballos e proxectos para superar a asignatura.

O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global. 

1- Avaliación continua: Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Exame, Prácticas TIC, estudo de caso e Traballo tutelado). 

A
nota final será a nota media dos 4 apartados, segundo as súas porcentaxes relativas. Conservaranse as cualificacións das
partes aprobadas para a convocatoria de xullo. 

Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios. 

Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de
corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a
esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. 

2 - Avaliación global 

De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade docente
e no proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá
dereito a unha proba global nas datas que determine a Facultade. Será unha única proba que permitirá ao alumno cualificar
entre 0 e 10, igual que na avaliación continua. 

Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, con
antelación e cos trámites que determine o Decano da Facultade, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións
obtidas pola modalidade de avaliación continua. O devandito procedemento pódese consultar na plataforma MOOVI. Non se
admitirán solicitudes transcorrido o prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo. 

 As probas realizaranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade. 

Como norma xeral, a duración desta proba
oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para
realizala. 

Constará do seguinte: 

1º - Exame teórico (20% da nota). Será similar á da modalidade de avaliación continua, polo que é aplicable o que se
explica no apartado de Exame de preguntas de desenvolvemento do epígrafe de Avaliación da guía. 

 2º - Traballo final (40% da nota). Tamén será similar á proposta na avaliación continua. O alumno entregarao o día da
proba final de avaliación. 

3º - Prácticas (40% da nota). Realización dunha postprodución de son que se realizará empregando os medios e os espazos da Facultade. Esta proba realizarase despois do exame teórico e terá
unha duración máxima de 3 horas. 

A nota final será a nota media das 3 partes, segundo as súas correspondentes porcentaxes. 

Conservarase a cualificación
das partes aprobadas para a edición de xullo (excepto a asistencia).

Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios.
Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de
corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a
esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. 

 Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e
calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado.
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000