Guia docente 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Programación para produtos audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición pública dos traballos tutelados ou análises de caso 20 B4
Estudo de casos Elaboración de análise sobre distintos casos ou problemáticas relacionadas co contexto e a realidade televisiva. 20 B1
B2
Traballo tutelado Traballos investigación revisados e orientados pola docente.
1.- Análise de grellas e/ou estratexias de programación.
2.- Análise de estratexias e accións de identidade televisiva.
3.- Creación de canle con proposta de grella ou creación de formato televisivo.
30 B2
C11
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame de desenvolvemento teórico sobre os contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais. 30 B1
B2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para poder optar a estas porcentaxes na avaliación deben entregarse a totalidade dos traballos tutelados, estudos de caso e realizar as súas presentacións na aula.

- A asistencia á materia é obrigatoria. Para poder ser avaliado da parte práctica da materia é un requisito imprescindible asistir ás sesións de prácticas. Aqueles con máis dun 25% de faltas de asistencia sen xustificar non serán avaliados.

- O exame final da materia non é obrigatorio. 

- O exame terá lugar nas datas oficiais aprobadas polo centro.

- Aquelas alumnas e alumnos que por causas xustificadas non poidan acudir ás clases con regularidade deberán optar polo sistema de avaliación global.. 

- Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra da data establecida.

- O sistema de avaliación para as convocatorias de xullo/fin de carreira será o mesmo que para a convocatoria do propio cuadrimestre.

INDICACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL:  

- O sistema de avaliación global aplicarase a aqueles alumnos ou aquelas alumnas que de forma expresa renuncien ao sistema de avaliación continua, recomendado para cursar esta materia. 

- Esta renuncia debe facerse no primeiro mes de docencia da materia, seguindo as indicacións do protocolo aprobado na Xunta de Facultade de Comunicación e tras ser informada a docente. 

- O sistema de avaliación global estará composto polo exame oficial de carácter teórico (30%), un exame de carácter práctico (20%) e a entrega dos proxectos da materia que se realizarán de forma individual (30%) e serán presentados ante a docente (20%)

- Deberán aprobarse cada unha das probas por separado para poder superar a materia. 

- As probas da avaliación global só se realizarán na data oficial aprobada polo centro. 

- As probas centradas nos proxectos non se recollerán fora desa data oficial. 

- Non se ofrecerán sesión de titorización que consistan na explicación de contidos teoricos ou prácticos vistos nas sesións presenciais. 

- Non se ofrecerá material adicional ao incorporado á plataforma de teledocencia Moovi para aqueles alumnos ou aquelas alumnas que renuncien ao sistema de avaliación continua. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000