Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Creatividade publicitaria audiovisual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Asistencia e aproveitamento ás sesións prácticas de seguimento dos proxectos da materia. Requírese un mínimo de asistencia para obter un aprobado neste apartado (ver documento de avaliación da materia) 20 A2
A4
B6
B8
C11
D1
Proxecto Creación de pezas publicitarias audiovisuais segundo as indicacións e as sesións de formación desenvoltas na aula.
Se desenvolverán entre 4 e 5 segundo o permita a planificación temporal da materia.
50 A2
A4
B1
B5
B6
B7
B8
C1
C11
C14
C20
C23
D1
Estudo de casos Cuestionarios , debates e actividades sobre os casos de estudio que realizaránse nas sesións de clases teóricas. 30 A2
A4
B1
B5
B6
B7
B8
C1
C11
C14
C20
C23
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

NORMATIVA DE AVALIACIÓN DA MATERIA - CURSO 2024-2025

 

1. DA NATUREZA DA MATERIA

 

1.1. A materia Creatividade Publicitaria e Audiovisual está incluída no plan de estudos do Grao en Comunicación Audiovisual como unha materia de carácter OPTATIVO no itinerario “Publicidade Audiovisual”. (Ver Memoria do Grao)

 

1.2. Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que é deber dos estudantes asistir ás sesións docentes prácticas e teóricas no horario establecido polo centro (Ver horarios) (Artigo 13).

 

1.3. A avaliación da materia realízase mediante o sistema de AVALIACIÓN CONTINUA (Artigo 20), sendo preciso realizar unha renuncia expresa por parte do estudante para realizar unha avaliación global (Ver regulamento do centro).

 

2. DOS BAREMOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA

 NORMATIVA DE AVALIACIÓN DA MATERIA - CURSO 2024-2025

 

A presente normativa axústase ao establecido no Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantando (Aprobado no Claustro do 18 de abril de 2023. Máis info) ao que se refiren os artigos citados nesta normativa.

1. DA NATUREZA DA MATERIA

 

1.1. A materia Creatividade Publicitaria e Audiovisual está incluída no plan de estudos do Grao en Comunicación Audiovisual como unha materia de carácter OPTATIVO no itinerario “Publicidade Audiovisual”. (Ver Memoria do Grao)

 

1.2. Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que é deber dos estudantes asistir ás sesións docentes prácticas e teóricas no horario establecido polo centro (Artigo 13).

 

1.3. A avaliación da materia realízase mediante o sistema de AVALIACIÓN CONTINUA (Artigo 20), sendo preciso realizar unha renuncia expresa por parte do estudante para realizar unha avaliación global (Ver regulamento do centro).

 

2. DOS BAREMOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA

 

2.1. AVALIACIÓN CONTINUA.

 

2.1.1. O sistema de avaliación continua da materia realízase atendendo a tres factores:

 

a) Superar a parte práctica, coa realización e entrega en prazo das actividades programadas.

b) Superar a parte teórica, mediante o sistema de avaliación continua.

c) Asistencia e participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas. 

2.1.2. Para superar a parte práctica deberán realizarse as actividades programadas en tempo e forma e sempre a baixo á supervisión docente. Ditas actividades deberán realizarse en grupo e poranse en marcha nas sesións de talleres e seminarios. Estas actividades valoraranse sobre un máximo de 10 puntos e supoñen un 50% da avaliación da materia, subdividido en actividades diversas (entre 4 e 5 segundo o permita a planificación da materia) e tendo en conta as seguintes consideracións:

a) Cada unha das actividades da parte práctica será valorada cunha puntuación máxima e terá asignada unha carga de horas prácticas que lle serán comunicadas ao alumnado antes de realizar a mesma. Do mesmo xeito indicarase un prazo de entrega que non poderá ser modificado baixo ningunha circunstancia.

b) As actividades prácticas serán realizadas preferentemente en equipo, sen prexuízo de que poidan realizarse actividades individuais de xeito puntual. Todos os membros do grupo de prácticas recibirán a mesma cualificación, excepto naqueles casos nos que un membro do equipo se ausente dalgunha sesión práctica sen causa xustificada, o que suporía a minorización da cualificación de formar equivalente.

c) Tódalas actividades prácticas realizaranse nas sesións prácticas que están programadas nos horarios de docencia da materia. Isto non evitará que, nalgúns casos, os alumnos e alumnas teñan que cumprimentar os seus traballos fora da aula. En calquera caso, será labor do docente tentar que os alumnos e alumnas saquen o máximo rendemento desas sesións. Pola súa natureza, as actividades prácticas grupais non poderán ser repetidas nin cando a ausencia sexa por causa xustificada (artigo 15 da normativa da Universidade de Vigo). Sendo valoradas neses casos cun aprobado (5 puntos) para os estudantes que se atopen nesa circunstancia.

2.1.3. Para superar a parte teórica os alumnos e alumnas deberán superar as actividades individuais e grupais de avaliación continua que se desenvolverán na aula ou fóra da aula segundo as indicacións do docente. A parte teórica da materia valorarase sobre un máximo de 10 puntos e suporá un 30% da avaliación da materia, tendo en conta as seguintes consideracións:

a) As clases desenvolveranse mediante sesións maxistrais participativas que se combinarán coa realización de actividades individuais de reforzo dos contidos e avaliación do progreso dos estudantes. O docente facilitará ao inicio de curso unha axenda das actividades previstas.

b) As actividades de avaliación continua da parte teórica realizaranse prioritariamente na aula, podendo alongarse o período de entrega das mesmas fóra da aula en casos puntuais (polo volume da actividade ou por necesidades de organización). Só poderá realizarse a actividade fóra da data marcada ou fóra da aula cando se produza unha ausencia xustificada (artigo 15 da normativa da Universidade de Vigo) e sempre nun período non superior a dúas semanas dende a celebración da actividade. No caso de actividades grupais aplicarase o mesmo criterio que no relativo á parte práctica da materia (Ver apartado 2.1.2.c).  

2.1.4. A asistencia a clase ten carácter obrigatorio. Para obter a máxima cualificación neste apartado é preciso asistir ao 100% das clases. A cualificación reducirase en función das faltas de asistencia de forma exponencial e estes criterios serán comunicados ao alumnado na presentación da materia. 

2.1.5. A avaliación final da materia realizarase aplicando a seguinte distribución:

a) Teoría. Puntuación. Máxima 10 puntos/ Porcentaxe da nota 30%

b) Práctica. Puntuación Máxima 10 puntos / Porcentaxe da nota 50%

c) Asistencia. Puntuación Máxima 10 puntos / Porcentaxe da nota 20% 

É requisito indispensable obter un mínimo de 5 puntos en cada unha das partes. Non se aplicará unha media cunha puntuación inferior nalgunha das tres partes.

No caso de que un estudante non supere as actividades de avaliación continua (mínimo de 5 puntos sobre 10) aplicaranse os seguintes criterios:

- Os alumnos que non superen a parte teórica segundo o disposto nos criterios de avaliación contínua, deberán asistir ao exame final e superarlo para facer a media co resto de porcentaxes da materia. 

- Os alumnos que non superen a parte práctica, deberán repetir e entregar en prazo os traballos tutelados segundo as indicacións do docente. 


2.2. AVALIACIÓN GLOBAL.

 

2.2.1. O estudantado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntando cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. Ningún outro sistema de comunicación é válido para facer constar esta renuncia e enténdese que, de non se tramitado de tal xeito, o alumno ou alumna seguirá acollido ao sistema de avaliación continua da materia.

 

2.2.2. O sistema de avaliación global da materia realízase atendendo a dous factores:

 

a) Superar a parte práctica, coa realización das actividades que confirmen os resultados previstos.

 

b) Superar a parte teórica, mediante a realización do correspondente exame final.

2.2.3. Para superar a parte práctica, o estudante que renuncia á avaliación continua deberá presentar un proxecto audiovisual individual e realizar unha análise de contido audiovisual (caso práctico) na data de celebración do exame oficial. Facilitaranse as instrucións e correspondente rúbrica nun prazo máximo de un mes dende o comezo das clases. Cada unha das actividades terá un peso dun 30% na cualificación final da materia.

2.2.4. Para superar a parte teórica, o estudante que renuncia á avaliación continua, deberá realizar un exame teórico específico e presentar un traballo académico na data de celebración do exame oficial. Facilitaranse as instrucións e correspondente rúbrica nun prazo máximo de un mes dende o comezo das clases. O exame representará un porcentaxe do 40%. 

2.2.5. A avaliación final no sistema de avaliación global realizarase aplicando a seguinte distribución:

a) Teoría. Puntuación. Máxima 10 puntos/ Porcentaxe da nota 40% 

b) Práctica. Puntuación Máxima 10 puntos / Porcentaxe da nota 60% / dúas actividades co 30%

É requisito indispensable obter un mínimo de 5 puntos en cada unha das partes. Non se aplicará unha media cunha puntuación inferior nalgunha das actividades.  


2.2.6. As probas de avaliación global realizaranse co seguinte calendario de traballo:

1. Exame teórico final. Na mesma data e horario que o exame da convocatoria ordinaria segundo o calendario oficial aprobado polo centro.

2. Traballo académico. Deberá presentarse a través da plataforma Moovi antes da data e hora de comezo do exame da convocatoria ordinaria.

3. Proxecto audiovisual. Deberá presentarse a través da plataforma Moovi antes da data e hora de comezo do exame da convocatoria ordinaria.

 

3. DO CONTROL DE ASISTENCIA

3.1. En todas as sesións prácticas e de seminario tomarase nota dos membros asistentes. Nas clases teóricas estes controis poderán facerse de xeito aleatorio.

3.2. Só se poderán xustificar as faltas de asistencia que se axusten ao establecido no Artigo 15 do Regulamento sobre avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023).

3.3. Os xustificantes de asistencia deberán ser presentados por escrito nun prazo máximo de 2 semanas dende que se produciu a ausencia para permitir unha correcta xestión da documentación da materia. Nese mesmo período deberá acordarse a posible recuperación de actividades non realizadas atendendo aos criterios descritos nesta normativa. Non poderán reprogramarse actividades máis aló dese prazo.

3.4. As faltas de asistencia reiteradas non supoñen, en ningún caso, o cambio da avaliación continua a avaliación global. Dito cambio só pode realizarse mediante renuncia expresa no prazo e proceso establecido polo centro.

 

4. DA CONVOCATORIA DE XULLO-2ª OPORTUNIDADE / EXTRAORDINARIA

4.1. O sistema de avaliación para a convocatoria de xullo-2ª Convocatoria e extraordinaria (inmediata á primeira convocatoria) é exactamente igual que o da convocatoria ordinaria (Artigo 23), é dicir, son aplicados os baremos recolleitos no apartado 2. Mantense a consideración de que é requisito indispensable obter un mínimo de 5 puntos en cada unha das partes. Non se aplicará unha media cunha puntuación inferior nalgunha das partes.

4.2. Obsérvanse as seguintes peculiaridades.

a) Na convocatoria de 2ª oportunidade para avaliación continua as probas son as seguintes:

(1) Exame teórico. O mesmo exame que na convocatoria ordinaria.

(2) Actividades de aula. 

(3) Proxecto audiovisual. Deberá presentarse un proxecto audiovisual semellante ao da convocatoria ordinaria pero elaborado de xeito individual.

(4) Actividades prácticas. Análise de campañas. 

b) Na convocatoria de 2ª oportunidade para avaliación global as probas son as seguintes:

(1) Exame teórico. Exame específico da totalidade do contido da materia.

(2) Traballo académico. Traballo académico sobre contidos da materia.

(3) Proxecto audiovisual. Deberá presentarse un proxecto audiovisual semellante ao da convocatoria ordinaria pero elaborador de xeito individual.

(4) Actividades prácticas. Redacción dun caso práctico de análise de contidos audiovisuais publicitarios.

c) Segundo os contidos superados na primeira convocatoria, o alumno ou alumna deberá realizar os traballos e actividades que correspondan.  

4.3. As particularidades recollidas no apartado anterior non son modificables BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA e baséanse nos seguintes criterios básicos:

a) As cualificacións da avaliación continua só teñen validez para as convocatorias do ano académico (ordinaria, 2ª convocatoria e extraordinaria inmediata). No curso posterior será preciso realizar a totalidade dos elementos de avaliación.

b) As cualificacións da avaliación global, pola súa propia natureza e atendendo ao Regulamento da Universidade de Vigo supoñen “unha alternativa dentro da mesma oportunidade de avaliación, a disposición do estudantado que renuncie á avaliación continúa” (Artigo 19, apartado 3), só serán válidas para cada convocatoria, polo que será preciso superar a totalidade dos elementos de valoración en cada oportunidade.

c) En todos os casos queda garantido o dereito do estudantado a optar á máxima cualificación (Artigo 19. Apartado 6).

 

5. DA COLABORACIÓN DOCENTES / ESTUDANTES

5.1. Existe un sistema de reserva de titorías que poderán ser de forma presencial o virtual na que resolveranse dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos da materia, pero non se poderán facilitar apuntamentos nin realizar clases teóricas completas (Artigo 16).

5.2. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar o material específico e complementario que sexa preciso para a superación da materia, tendo en conta que non se facilitarán apuntamentos escritos senón materiais de apoio das sesións teóricas e prácticas, así como bibliografía específica e complementaria.

5.3. O docente non remitirá materiais de traballo de xeito individual nin remitirá correos electrónicos de aviso (atendendo ás limitación establecidas polas normativas de xestión de datos persoais) polo que é responsabilidade do estudante activar as correspondentes alertas para poder dispoñer dos avisos e notificacións que só se remitirán dende a plataforma Moovi.

 

A presente normativa é aplicable a todos os alumnos e alumnas matriculados nesta materia SEN EXCEPCIÓN

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000