O sistema preferente de avaliación será a contínua
O alumnado deberá informar ó docente da súa renuncia expresa ó sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin.
A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi.
É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.
Non se suplirán contidos compretos en titorías, só respostas e solucions puntuais os procesos vistos na aula e taller.
AVALIACION CONTINUA
Proba 1. Exame de preguntas obxectivas. 20%
Proba 2. Resolución de problemas e/ou exercicios. 20%
As prácticas de taller entregaranse en tres partes acumulativas.
Proba 3. Traballo Tutelado (grupo). 30%
O traballo de grupo constará de duas partes diferenciadas: Preproducción (TRABALLO TUTELADO) e producción (TRABALLO). A segunda parte depende integramente da primeira.
Esta primera parte estará desglosada en:Guión:(10%)Guión de Dirección/Técnico: (20%)Preproducción: (70% )Proba 4. traballo (grupo). 20%
O traballo de grupo constará de duas partes diferenciadas: Preproducción (TRABALLO TUTELADO) e producción (TRABALLO). A segunda parte depende integramente da primeira.
Esta segunda parte estará desglosada en:Producción: (30%)Postproducción: (70%)Proba 5. Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas 10%
Resume das probas e porcentaxe de valoración global do conxunto de tarefas
Proba 1. Exame de preguntas obxectivas. Valoración do 20% sobre o total da nota.
Proba 2. Resolución de problemas e/ou exercicios . Valoración do 20% sobre o total da nota.
Proba 3. Traballo Tutelado (grupo). Valoración do 30% sobre o total da nota.
Proba 4. traballo (grupo). Valoración do 20% sobre o total da nota.
Proba 5. Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Valoración do 10% sobre o total da nota.
Deberase obter unha cualificación mínima de 5 puntos cada unha das probas.
Cada unha das catro tarefas publicase en moovi cá sua data de entrega.
AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA
A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.
Breve descrición das probas
Proba 1. Exame de preguntas obxectivas.
Realizarase o exame teórico previsto para a materia tanto para a avaliación global como continua. O exame será avaliado coas mesmas pautas para todo o alumnado. O exame ten un valor do 20% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas.
Proba 2. Resolución de problemas e/ou exercicios
Facer entrega de tres prácticas propostas polo docente. O conxunto das prácticas (3) ten un valor do 20% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha das prácticas para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. As precticas serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados ós estudantes de avaliación global unha vez rematado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua.
Proba 3. Traballo
Facer entrega do traballo proposto polo docente. Este ten un valor do 30% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos neste para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez rematado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua.
Proba 4. Resolución de problemas e/ou exercicios (práctica)
Tras a elaboración do exame os estudantes de avaliación continua deberán asistir co docente a sala de prácticas habitual, onde deberán realizar actividades prácticas semellantes ás realizadas polos alumnos de avaliación continua, empregando os mesmos recursos e equipamentos empregados por estes. A proba durará un máximo de dúas horas dende o comezo da mesma. O detalle das probas así como os criterios de avaliación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes dende a renuncia efectiva a súa avaliación continua. A selección de actividades prácticas, no seu conxunto, ten un peso do 30% sobre o total da cualificación sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas.
Resume das probas e porcentaxe de valoración global do conxunto de tarefas
Proba 1. Exame de preguntas obxectivas. Valoración do 20% sobre o total da nota.
Proba 2. Resolución de problemas e/ou exercicios . Valoración do 20% sobre o total da nota.
Proba 3. Traballo. Valoración do 30% sobre o total da nota.
Proba 4. Resolución de problemas e/ou exercicios (práctica). Valoración do 30% sobre o total da nota.
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DA MATERIA (XULLO)
Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios. Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI.
|