Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Guión audiovisual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O alumno deberá, de maneira individual ou en grupo, elaborar e expor un ou varios proxectos prácticos introductorios de curta duración. 20 B4
B6
B7
C1
C16
C20
C21
D1
D2
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Os coñecementos teóricos obtidos nas sesións maxistrais serán avaliados neste exame de preguntas de desenvolvemento. 30 B3
C16
C21
D2
D4
Proxecto O ou os proxectos de longa duración será/n avaliados neste apartado. 40 B3
B4
B5
B6
B7
C16
C20
D1
D2
Observación sistemática Valoracion tanto da asistencia a clase como do interese e a participación activa no desenvolvemento da materia. 10 B4
B6
C1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumno poderá optar ós dous tipos de calificación: avaliación continua e avaliación global:

1- Avaliación continua: 

Aplicaránse as porcentaxes e conceptos anteriores (Exame, Proxecto e traballo tutelado) aos que se sumará a observación sistemática se esta é positiva. A nota final será a nota media dos 4 apartados segundo as súas porcentaxes relativas. Para poder superar a materia, é preciso obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das tres partes principais (Traballo/s tutelado/s, Exame e Proxecto/s).

Si non se supera algunha das partes da materia, gardaranse as cualificacións das partes aprobadas para a convocatoria de xullo. Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios de evaluación.

Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección e as calificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio

A asistencia presencial ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido é obrigatoria. As prácticas faranse principalmente en clase, polo que a asistencia será controlada. Non se avaliarán traballos e prácticas entregados fóra de prazo e restarán unha porcentaxe na nota final do seu apartado correspondente. Ademáis, a asistencia
e participación xerais, e en concreto ás clases teóricas, serÃátida en conta mediante criterios de observación sistemática.

2 - Evaluación global: 

De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, calificación e calidade docente e no proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá dereito a unha proba global (composta de varias) nas datas que determine a Facultade. Será unha única proba que permitirá ao alumnado obter unha calificación entre 0 e 10, igual que na avaliación continua. 

Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, con antelación e segundo os trámites que determine o Decanato da Facultade, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas até ese momento na modalidade de evaluación continua. 

Devandito procedemento pódese consultar na plataforma MOOVI. Non se admitgirán solicitudes fora do prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo. 

As probas faranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade. Como norma xeral, a duración desta proba oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno precisará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para realizala. Constará do seguinte: 

1. Exame teórico (40% da nota). Similar ao da modalidade de avaliación continua, polo que é aplicable o que si explica no apartado de Exame de preguntas de desenvolvemento do seu epígrafe correspondente.

2. Traballo final (40% da nota). Tamén será similar á proposta na avaliación continua. O alumno deberá entregar o día da proba final de avaliación un ou varios traballos finais de carácter tanto teórico coma práctico.

3. Prácticas (20% da nota). Realización dunha ou varias probas de carácter práctico empregando os medios e espazos da Facultade. Esta/s proba/s faranse despóis do exame teórico e terá/n unha duración máxima de 3 horas. 

A nota final será a nota media das 3 partes, segundo as súas correspondentes porcentaxes. Conservarase a calificación das partes aprobadas para a edición de xullo. 

Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. 

Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de correccióne as calificacións publicaranse na plataforma MOOVI. 

Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. Calquera aspecto non previsto nesta guía docente resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, calificación e calidade do ensino e do proceso de aprendizaxe do alumnado. https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000